HomesociedadeMellora de infraestruturas viarias do Polígono Industrial do Reboredo

Mellora de infraestruturas viarias do Polígono Industrial do Reboredo

As melloras levaranse a cabo sobre o segundo treito da rúa nº 1, e as rúas nº 2 e nº 3, cun importe de licitación de 85.370,19 euros. O concello executará tamén obras de mellora na travesía da rúa Ourense á estrada de A Vide cun orzamento de 58.558,63 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras do Polígono Industrial do Reboredo sairon este martes, 18 de agosto, a licitación en prodecemento aberto e electrónico. O prazo para a presentación de ofertas é de 20 días naturais contando dende o día seguinte á data de publicación na Plataforma de Contratación do Sector Público. Deste xeito, poderanse presentar ofertas ata ás 14 horas do 7 de setembro de 2020.

Por outra banda, o Alcalde tamén anunciou a saída a concurso doutra obra importante que suporá a mellora da travesía da rúa Ourense á estrada de A Vide. Neste caso, as obras consistirán na rexeneración do firme de dita vía e outras actuacións significativas, que abarcarán unha lonxitude de 1,5 quilómetros.

O importe de licitación para estas obras de mellora, que tamén saíu a concurso na xornada de hoxe, ascende a 58.558,63 euros, cun prazo para presentar ofertas, por prodecemento aberto e electrónico, de 20 días naturais contando dende o día seguinte á data de publicación na Plataforma de Contratación do Sector Público. Deste xeito, poderanse presentar ofertas ata ás 14 horas do 7 de setembro de 2020.

“Estes destes dous proxectos de mellora de infraestruturas viarias”, destaca o Alcalde ”supoñen unha inversión certamente relevante xa que destinamos para ambas obras arredor de 144.000 euros”.

Criterios de valoración para as ofertas sobre do proxecto do Polígono Industrial do Reboredo

Os criterios de valoración para as ofertas presentadas a este proxecto de mellora de 3 rúas do Polígono Industrial do Reboredo son os seguintes:

  • O prezo suporá o 50%.
  • A ampliación do prazo de garantía obrigatoria dun ano por outro a maiores, incluíndo póliza todo risco: 30%.
  • Reparación de beirarrúas: 10%. Valorarase tamén que as ofertas inclúan o levantado de bordiños das beirarrúas deterioradas, así como a súa reparación e a construción de vados accesibles nos pasos de cebra.
  • Finalmente tamén se valorara o subministro e colocación de 11 unidades de hidrantes contra incendios, 10 con dúas saídas de 70 mm e 1 con saída de 100 mm. Suporá o 10%.

Criterios de valoración travesía da rúa Ourense á estrada de A Vide

O proxecto contempla as obras de rexeneración do firme da vía e outras actuacións que abarcarán unha lonxitude de 1,5 quilómetros. Os criterios de valoración para as ofertas presentadas a este proxecto de mellora da Travesía da rúa Ourense á estrada da Vide son os seguintes:

  • O prezo suporá o 70%.
  • A ampliación do prazo de garantía obrigatoria dun ano por outro a maiores, incluíndo póliza todo risco: 30%.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...