HomesociedadeO 26 de agosto comeza a vendima na D.O. Ribeira Sacra

O 26 de agosto comeza a vendima na D.O. Ribeira Sacra

A adega Ronsel do Sil da subzona de Ribeiras do Sil inicia este mércores, 26 de agosto, os traballos de recollida de uva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

adega Ronsel do Sil da zubzona Ribeiras do Sil anuncia, que salvo imprevistos, inicia este mércores, 26 de agosto, os traballos de recollida de uva de variedades puntuais en determinadas parcelas. Entre tanto, técnicos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, realizan os controis de maduración que axudarán a fixar unha data oficial para o inicio xeneralizado da vendima nesta Denominación. 

Os controis de maduración realízanse sempre nas mesmas parcelas, representativas das cinco subzonas e con uvas de distintas variedades. Cos resultados, o departamento técnico do Consello elaborará un informe que presentará a pleno para que se fixe a data oficial recomendada para o inicio da vendima; que o ano pasado foi o 19 de setembro despois de que a vendima na D.O. comenzara o 28 de agosto por parte doutra adega de Amandi, Adega Damm S.L. A vendima do 2019 terminaríase convertendo na máis abondosa da historia con 7.262.831 quilos recolleitos. 

Nesta vendima en que viticultores e adegueiros enfróntanse ao reto da recollida de uva garantindo a seguridade fronte á Covid19, o estado sanitario das uvas promete ser óptimo, aínda que se prevé que non sexa unha vendima tan abundante como a anterior, podendo este ano non chegar aos 6 millóns de quilos de uva ao darse algunhas enfermidades puntuais nas viñas.

ÚLTIMAS

A ‘Xuntanza de Artesáns’ de Vilamor chega á súa XII edición

A Asociación de Veciños e Sociocultural ‘O Quintairo’ de Vilamor, con pouco máis dun...

O Trail Heroica Sacra celébrase do 27 ao 29 de xuño

A primeira xornada estará adicada a escolares, que protagonizarán o Peque Heroico. O sábado...

A CIG Saúde demanda dúas persoas máis no Servizo de Admisión Central do Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que se vai quitar a dúas persoas para pasar, unha...

Xornada final do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves 29 de maio, ás 19:30 h., terá lugar a terceira e última...