HomesociedadeO brote de Monforte supera os 100 casos activos

O brote de Monforte supera os 100 casos activos

“A situación é de preocupación, aínda que os contaxiados son todos asintomáticos, a inmensa maioría menores de 30 anos”, puntualiza o alcalde ao pasar de 89 casos este mércores a máis de 100.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor monfortino tamén confirmou que “non hai ingresados en relación con este brote”, aínda que si hai un paciente no Hospital Comarcal de Monforte que pertence á residencia de maiores do Incio.

Nestes momentos están a facer probas en establecementos de hostalería da zona centro. Os hostaleiros recibiron as citacións do Sergas “telefonicamente” nas que tamén lles pedían “pechar os locais” ao público. Por este motivo, o alcalde de Monforte solicitou unha “maior fluidez na comunicación” por parte da Consellería de Sanidade. “Informar é positivo para todos, porque non hai nada que esconder: os positivos son os que son”, advirte Tome.

O rexedor monfortino avanzou así mesmo que, segundo os técnicos, “o pico de contaxios alcanzarase a finais desta semana ou principios da próxima” e, a partir dese momento, “empezarán a baixar os casos”. “O mellor é que as ramificacións do brote están localizadas e son todas do mesmo ámbito, entre a rúa Duquesa de Alba e outros barrios da zona centro”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...