HomesociedadeMáis de 14.300 persoas gozaron das rutas en catamarán pola Ribeira Sacra

Máis de 14.300 persoas gozaron das rutas en catamarán pola Ribeira Sacra

"Os datos demostran que é unha oferta turística atractiva na nova normalidade, pois reúne grandes fortalezas ao tratarse dunha actividade ao aire libre e en pleno contacto coa natureza”, subliñou a Deputada de Turismo, Pilar García Porto

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As rutas en catamarán pola Ribeira Sacra da Deputación superan os 14.300 viaxeiros desde que comezou a nova tempada, hai tres meses. Unha cifra importante tendo en conta que as embarcacións están limitadas ao 50% da súa capacidade como medida de seguridade para minimizar o risco de contaxio por Covid-19

A Deputada de Turismo lembrou que precisamente ese é o principal obxectivo da campaña EN LUGO, SI, que lanzou a Deputación para reactivar o consumo no comercio, a hostalería e o turismo axudando a fortalecer a imaxe da provincia como lugar seguro, de confianza, de calidade e de oportunidades. Ademais como en anos anteriores, as viaxes continuarán ata a ponte da Constitución, a principios de decembro. 

A Deputación prioriza a compra de billetes na web reservas.rutasembalses.es No caso de que se deba facer in situ, é preferible que os pagamentos se fagan con tarxeta bancaria.

Impulso do turismo

García Porto afirmou que esta segunda semana do mes de setembro está a ser “intensa” na área que ela dirixe ao sacar adiante iniciativas que teñen como obxectivo impulsar o turismo na provincia de Lugo porque “é un sector clave para Lugo e un dos máis afectados pola pandemia”, manifestou.  Ademais,  indicou que os proxectos que saca a Deputación teñen a mesma filosofía “porque cremos que a actividade turística non só debe centrarse nos meses de verán senón que debe ter unha afluencia continua durante todo o ano xa que ademais temos os recursos ideais para facelo”.

“Arrancamos cunha reunión cos alcaldes e alcaldesas do xeodestino Ancares-Courel para adiantarlles a intención da Deputación de Lugo de presentar unha candidatura para optar a un plan do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Con este programa, se nolo conceden, poderemos reportar un investimento de ata 3 millóns de euros para impulsar este territorio da provincia”, lembrou a Deputada. 

Ademais, reiterou os seus parabéns aos premiados nos premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e …E para comer, Lugo á gastronomía lucense que na tarde do xoves acordou o Consello Provincial de Turismo outorgar a cinco iniciativas. Na primeira categoría os galardoados foron: o Concello do Vicedo, a asociación de desenvolvemento rural Serra do Courel e a Fundación Uxío Novoneyra. E na segunda categoría, a que premia as iniciativas gastronómicas, recoñécese a aplicación Xantarda e o restaurante Cantábrico da Fonsagrada.  

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...