HomesociedadeA residencia do Incio recupera a 24 persoas e falecen dous usuarios...

A residencia do Incio recupera a 24 persoas e falecen dous usuarios máis

Falecen catro persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas estaban ingresadas no HULA e eran usuarios da residencia do Incio; unha muller de 87 anos e un home de 77 anos que presentaban patoloxías previas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A residencia do Incio xa suma 19 falecidos por Covid19, ademais das dúas mortes de onte as anteriores dúas producíanse o pasado día 9.

Tamén se informa de que se producen altas, as de 16 usuarios deste centro, ao tempo que aparece un novo positivo; e tamén a alta por curación de 8 traballadores. Así este centro conta agora con 60 usuarios infectados e 36 traballadores. Segue infectado o traballador da Domusvi de Monforte.

Na provincia cóntase con 814 casos activos, 36 menos ca onte, 63 están en hospitalización, 3 na Mariña, 3 en Monforte, 17 no Polusa e o resto no HULA que conta con 3 pacientes na UCI. 748 pasan o digasnóstico en domicilio.

ÚLTIMAS

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...

Outeiro, o Mazo e Soldón, en perigo, no lume descontrolado que ameaza o Courel

A Serra do Courel, unha das xoias ecolóxicas de Galicia, volve a estar en...

20.000 hectáreas levan ardidas co incendio que comezou en Larouco o día 13

Cos datos provisionais que ofrece este 19 de agosto a Consellería de Medio Rural,...