HomesociedadeUn agosto ao 85% na Ribeira Sacra

Un agosto ao 85% na Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra informa de que a ocupación en aloxamentos durante o mes de agosto foi do 85%, baixando case 10 puntos con respecto ao pasado que foi do 94,5%. As previsións para setembro son do 56%.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En agosto a ocupación foi do 93% nos Hoteis 4 e 3*, esta ocupación é a segunda máis alta dos últimos anos, por detrás do 2019, ano récord, no Turismo Rural do 79%, en Vivendas Turísticas e de Uso Turístico do 85% e do 84% noutros aloxamentos. A ocupación da totalidade dos aloxamentos en Ribeira Sacra no mes de agosto superou en 9 puntos as previsións que os establecementos tiñan a finais de xullo. O incremento máis notable rexistrouse nas casas de turismo rural, as cales aumentaron nun 17% as previsións iniciais de ocupación.

Para setembro prevese unha ocupación do 56%, 9 puntos por debaixo do 2019, nos hoteis de 4 e 3* prevese do 81% en niveis semellantes a anos pasados, no Turismo Rural do 52%, en Vivendas Turísticas e de Uso Turístico do 36% e do 53% noutros aloxamentos. Ao igual que outros anos, as previsións para setembro da totalidade dos establecementos indican unha notable diferenza entre os días laborais e as fins de semana, sendo aproximadamente ao redor dun 20% máis neste último caso.

Desde o Consorcio de Turismo sinalan que o principal efecto da pandemia para o sector turístico de Ribeira Sacra foi o quebramento da tendencia de crecemento interanual nos niveis de ocupación que se viñan rexistrando nos últimos anos, pero aseguran que o balance é sorprendente, pois mantéñense niveis de ocupación de 2017 ou 2018 nun contexto no que boa parte dos xeodestinos de Galicia están a rexistrar baixadas de entre o 30 e o 65% en relación a anteriores tempadas.

ÚLTIMAS

A Vicepresidencia da Deputación destina 380.000 euros para asociacións culturais

O Boletin Oficial da Provincia de Lugo vén de publicar a resolución definitiva das...

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...