HomesociedadeSober forma en prevención da violencia contra as mulleres

Sober forma en prevención da violencia contra as mulleres

Faranse catro charlas informativas nunha acción cofinanciada polo Fondo Social Europeo e polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober forma ás auxiliares de axuda a domicilio na prevención da violencia contra as mulleres e a favor da igualdade. A primeira das catro charlas tivo lugar este martes, no marco dunha acción cofinanciada polo Fondo Social Europeo e polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

Lentes Lilas

Cada día centos de mulleres maiores sofren abuso psicolóxico, físico, económico e sexual. Tendo en conta a súa idade, presentan un grao de dependencia xeralmente maior, son máis vulnerables e atópanse nun maior risco de abuso, neglixencia, chantaxe, abandono, falta de seguridade,… Para loitar contra esta lacra, e co obxectivo de crear conciencia social sobre a vulnerabilidade e os riscos ós que se enfrontan as mulleres maiores emerxe ‘Lentes Lilas’. 

Con este traballo preténdese aumentar o coñecemento e a sensibilización sobre o fenómeno da violencia de xénero contra as mulleres maiores e resaltar as necesidades e dificultades específicas que presenta este tipo de maltrato co fin de provelas de maior protección en situacións de abuso, promover accións preventivas fronte a situacións de risco e facer as súas vidas diarias máis seguras.

igualdade Sober / Concello de Sober

Con estas xornadas o Concello de Sober: 

  • Dará visibilidade a esta problemática a fin de concienciar, sensibilizar, informar e formar ás Auxiliares de Axuda no Fogar do Concello de Sober.
  • Promulgará novas formas de actuación a través de enfoques que contemplen a perspectiva de xénero.
  • Aumentará a sensibilización sobre o fenómeno da violencia contra as mulleres.
  • Establecerá redes de apoio social e iniciativas de autoaxuda para aumentar os niveis de seguridade e solidariedade nos domicilios aos que acoden.
  •  Difundirá, de forma directa e indirecta, a todo o Concello de Sober a mensaxe de traballar en prol da igualdade e na prevención da violencia contra as mulleres.

Programación formativa e informativa

Dando resposta a esta necesidade, no Concello de Sober decídese poñer en marcha unha programación informativa e formativa que consta de catro sesións impartidas por unha educadora social co obxectivo de dotar ás Auxiliares de Axuda no Fogar de ferramentas que as capaciten para a detección e identificación de situacións de violencia cara as mulleres no marco do seu ámbito de actuación. 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...