HomesociedadeFolgoso do Courel na rede de Trail Running de España

Folgoso do Courel na rede de Trail Running de España

Folgoso do Courel, o primeiro de Galicia en adherirse á Rede Estatal de Instalacións Permanentes de Trail Running de España. Crearase un Trail Running Center cunha rede de itinerarios balizados de forma permanente e contarase cun Centro de Recepción con servizos básicos para os corredores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A rede, que conta xa con 17 centros, 14 deles aínda en contrución, recolle a esencia deste deporte mediante rutas sinalizadas especificamente para Trail Running e cunha gran variedade técnica e paisaxística.

A iniciativa canalízase a través do Plan Train50, que en tres anos pretende a creación dunha rede de 50 instalacións permanentes de Trail Running en España acreditadas pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) para convertelas nos destinos de referencia en España para a práctica non competitiva deste deporte.

As instalacións permanentes de Trail Running (TRC) permiten aos usuarios adestrar sen masificacións, e practicar este deporte con rutas adaptadas a diferentes niveis de dificultade. Nun momento no que o Trail Running está en auxe e existe incerteza para a realización de eventos e competicións deportivas, este tipo de instalacións turístico deportivas son un mecanismo moi útil para promocionar actividades saudables e para reactivar o turismo deportivo especializado.

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, remarca que “con esta adhesión pasamos a formar para dunha rede estatal de TRC interconectada, que lle permite aos seus promotores compartir obxectivos, iniciativas e experiencias; e que promoverá entre os usuarios participar en foros deportivos, adestramentos técnicos, intercambios e viaxes deportivas especializadas”.

A iniciativa axudará ademais a que o Concello de Folgoso do Courel poida converterse nun destino de referencia en España para a práctica do Trail Running no competitivo, ao tempo que permite vincular o territorio a un proxecto turístico deportivo innovador en España.

Ao mesmo tempo, formará parte dun produto deportivo estatal acreditado pola RFEA e asociarase o territorio a importantes marcas nacionais de destinos turísticos de natureza.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...