HomesociedadeLucía Pérez, embaixadora de Triacastela

Lucía Pérez, embaixadora de Triacastela

Este domingo 25 de outubro nomeouse a Lucía Pérez, artista e cantante natural do Incio e representante de España en Eurovisión no ano 2011, como embaixadora de Triacastela para a promoción do Camiño de Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

‘O Camiño a bocados’, proxecto promovido pola Asociación Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL), pretende promocionar os diferentes camiños ao seu paso por Lugo e quere poñer en valor a gastronomía e o patrimonio natural e cultural das zonas que percorre a ruta xacobea a través de accións promocionais difundidas en plataformas como redes sociais ou blogs. A proposta inclúe o nomeamento dun embaixador do Camiño por cada municipio participante -Samos, Castroverde, Trabada, Baleira, Barreiros, Lourenzá e Triacastela-.

Co nomeamento destas persoas como embaixadoras dos concellos, o proxecto pretende que se promocione o Camiño de Santiago ao seu paso por diferentes territorios, e tamén o patrimonio natural, cultural e gastronómico dos mesmos. Así, ademais de recoller a figura que se lles entrega aos embaixadores, Lucía Pérez recibirá un lote de produtos de Triacastela de mans da alcaldesa e o libro ‘Triacastela, Refugio Real’, sobre a historia do municipio.

Olga Iglesias quere remarcar que “o noso Concello ten moito que ofrecer, como os nosos sabores de Triacastela capaces de conquistar aos padais máis selectos. Estamos seguros que a nosa embaixadora Lucía Pérez saberá levalos polo mundo adiante para que a xente veña a Triacastala e os poida probar”.

Pola súa banda, a cantante do Incio manifestou que “desde que vivín o Camiño en primeira persoa andando corenta días desde Roncesvalles, todo o que veña da man do Camiño para min é moi especial. Recibir precisamente a distinción de embaixadora de Triacastela, que a considero case como a miña casa, faime moi feliz. Levarei sempre o Camiño no meu corazón a todos os lugares que vaia a través da miña música e da miña persoa e agora, por suposto, a Triacastela tamén”.

Agasallo

Lucía Pérez recibirá unha figura que representa á natureza pola que descorren as distintas rutas e contén no seu interior un medallón que representa a experiencia persoal e particular das persoas que fan o Camiño, de aí que non haxa dúas iguais, porque cada persoa sente e percorre o Camiño á súa maneira.

ÚLTIMAS

Outono e Nadal teatral en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil fixo pública a súa programación de teatro --aficionado e...

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N, é o slogan da campaña que inclúe...