HomesociedadeA festividade de San Martín de Porres en Monforte

A festividade de San Martín de Porres en Monforte

O Concello de Monforte informa sobre o servizo de recollida e transporte de residuos urbanos por mor da festividade de San Martín de Porres o día 3 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte informa sobre o servizo de recollida e transporte de residuos urbanos en relación á celebración da festividade de San Martín de Porres, patrón dos traballadores da empresa Fomento de Construcciones y Contratas (FCC Medio Ambiente S.A.), encargada deste servizo, así como da limpeza viaria e outros servizos complementarios na cidade de Monforte.

Dita festividade de San Martín de Porres establece como día festivo o vindeiro martes 3 de novembro, motivo polo cal nese día unicamente prestaranse os servizos de recollida e transporte de residuos urbanos, limpeza viaria e outros servizos complementarios correspondentes a un día festivo. 

Por este motivo, dende o Concello prégase ós usuarios e veciños da cidade que se absteñan de depositar o lixo en dito día.

ÚLTIMAS

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...