HomesociedadeA Deputación destina 180.000 euros a dúas estradas provinciais de Chantada

A Deputación destina 180.000 euros a dúas estradas provinciais de Chantada

O Presidente supervisou a construción dun muro de contención na LU-P-1804 á altura do pobo de Belesar, que garante que a calzada non se volva a afundir; e as obras de pavimentación con aglomerado da LU-P-1802, que une o centro de Chantada co encoro de Belesar pasando por Sabadelle

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación investiu 140.000€ na reparación da LU-P-1804, que vai de Belesar a Chantada por San Pedro de Líncora, afectada á altura do quilómetro 6 por un desprendemento de terra a mediados do mes de agosto.  

Esta estrada tivo que ser cortada ao tráfico á altura do punto quilométrico 6, no pobo de Belesar, enfronte do embarcadoiro da Deputación, para garantir a seguridade dos vehículos logo de producirse un desprendemento de terra e o afundimento de parte da calzada. 

A principios de setembro, e tras realizar un estudio xeotécnico e un cálculo estrutural do terreo, a Deputación comezou coas obras de arranxo da vía, colocando unha pantalla de micropilotes para poder soster o terreo existente e a continuación escavar unha plataforma de traballo. Logo, executou un muro de mampostería para proceder á reconstrución da estrada e facer o recheo pertinente. Despois pavimentouse o treito con aglomerado en quente e repintouse a sinalización horizontal. 

Outro dos proxectos que José Tomé supervisou este martes consiste na rehabilitación do firme dun treito da LU-P-1802, que conecta o centro da localidade chantadina co encoro de Belesar pasando por Sabadelle. As obras teñen lugar dende os puntos quilométricos 5 ao 6,050, e inclúen a reapertura de cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente e o repintado da sinalización horizontal. Estes traballos contan cun investimento de 34.200€ e estarán rematadas nuns días, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Deputación estrada provincial Chantada / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...