HomesociedadeEstradas con restricións en Chantada e núcleos illados no Saviñao por mor...

Estradas con restricións en Chantada e núcleos illados no Saviñao por mor da nevarada

Lugo está sendo a provincia máis afectada.

Publicado o

- Advertisement -

Os episodios activados por meteoroloxía adversa en Galicia, especialmente a presenza de neve, continúan dificultando o tráfico en varias estradas galegas, algunhas, na provincia de Lugo, e tamén ten provocado outras incidencias.

Así, está prohibida a circulación de camións entre o quilómetro 39 e o 43 da CG-2.1, á altura de Chantada por meteoroloxía adversa relacionada coa presenza de neve. Do mesmo xeito, sobre as 08,00 horas, no Saviñao, no lugar de Ribeira, un particular tamén informaba ao 112 Galicia de estar rodeados pola neve e sen subministración eléctrica.

MÁIS DE 400 INCIDENCIAS

En concreto, desde que o temporal empezou ás 20,00 horas do xoves, Galicia rexistrou máis de 400 incidencias, especialmente derivadas da presenza de neve e placas de xeo na estrada (236) e relacionadas coa caída de árbores á calzada (89).

Por Provincias, a de Lugo é a máis afectada, con 150 incidencias rexistradas; seguida a de Pontevedra, con 109; a provincia da Coruña, con 95; e, por último, a de Ourense con 59 incidentes.

En canto aos concellos que máis rexistraron destacan na provincia de Lugo, o concello de Sarria con 10 incidentes, o de Guntín con 8, o de Palas de Rei con 6 e o de Folgoso do Courel con 5.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...