IniciosociedadeO Páramo, primeiro municipio de Galicia cun Plan Básico de Ordenación

O Páramo, primeiro municipio de Galicia cun Plan Básico de Ordenación

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinou a Orde de aprobación do Plan Básico Municipal do Páramo, de modo que este concello lucense convértese no primeiro de Galicia en dispoñer de “esta ferramenta de ordenación” urbanística recollida na Lei do Solo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira felicitou ao Concello do Páramo por ser o primeiro en dar este paso para conseguir “un crecemento ordenado do municipio” e por “apostar por un urbanismo responsable”.

O Páramo abre unha lista de nove concellos galegos que dispoñerán de “ese instrumento de ordenación” urbanística recollido pola Lei do Solo para municipios con menos de 5.000 habitantes, dado que nos próximos meses outros oito aprobarán o seu propio plan básico: Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada, Triacastela, Cartelle, Pradenda, Porqueira e San Xoán de Río.

Ángeles Vázquez explicou que o plan básico municipal é “unha ferramenta pensada para os municipios de menos de 5.000 habitantes, que carecen dun plan xeral”, para que dispoñan “dun instrumento” para dar resposta ao desenvolvemento elemental “dunha certa actividade urbanística”, pero sen “establecer criterios de crecemento urbano”.

Así, os concellos dispoñerán dunha ordenación básica, que estará en vigor ata que a situación aconselle a redacción dun plan xeral de ordenación municipal. Para dispoñer dunha “guía de orientación” e motivar aos concellos para sumarse a esta iniciativa, a Xunta asumiu directamente a redacción do primeiro plan básico municipal, o do Páramo, e colabora técnica e economicamente cos outros oito que o están tramitando.

ÚLTIMAS

Roteiro Literario para coñecer as localizacións da novela “A Boca do Monte”, en Quiroga

Preto dun cento de estudantes do IES As Lagoas de Ourense coñeceron o pasado...

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...