HomesociedadeRibeira Sacra acada 19 Grandes Ouros, 161 Ouros e 44 Pratas na...

Ribeira Sacra acada 19 Grandes Ouros, 161 Ouros e 44 Pratas na Guía de Viños de Galicia 2021

A D.O. Ribeira Sacra está inmersa na campaña “Ribeira Sacra, o viño deste Nadal”. Este xoves comezaban as catas virtuais que imparte a sumiller, Mercedes González Rodríguez. No mes de xaneiro prepáranse dúas novas catas, pero a seguinte cita será o xoves 17 ás 19.00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Alejandro Paadín, coautor da Guía de Viños, Destilados e adegas de Galicia presentaba este venres, 11 de dicembro, na D.O. Ribeira Sacra, a Guía de Viños de Galicia 2021. A D.O. Ribeira Sacra conta nesta Guía con 19 Medallas de Gran Ouro, das que todas corresponden a viño tinto e 1 branco, 161 medallas de Ouro e 44 medallas de Prata. 

Recibe ademais 6 Trofeos Ampelos, estes premios outórganse ás adegas cando obteñen 5 Grandes Ouros, sendoun recoñecemento ao esforzo, a constancia e a excelencia. “Trátase dun selo de garantía das adegas, este recoñecemento amosa que a adega é capaz de facer de modo recurrente viños da calidade,” sinala Paadín. Consiguen o Ampelos: Adegas Moure, Algueira, Ernesto Rodríguez Pérez, Finca Míllara, Jorge Feijoo González e Roberto Regal López.

Así valoraba Alejandro Paadín a representación da D.O. Ribeira Sacra nesta edición da Guía “A Ribeira Sacra sae moi ben parada como todos os anos. Estanse apuntalando moitísimo os temas de colleitas e de parcela, moitos viños que veñen de parcelas con moita personalidade e permiten que os viños teñan Gran Ouro. Ribeira Sacra é das comarcas de Galicia onde a relación calidade prezo está moi equilibrada e por riba da media.”

Ribeira Sacra GRAN OURO Guía 2021:

  • Abadía da Cova Pena Fión 2018
  • Abadía da cova Xuno 2018
  • Algueira Pizarra 2015
  • Algueira carravel 2016
  • Almalarga 2019
  • Gaios 2015
  • Cividade Edición Limitada José Verao 2018
  • Don Bernardino 4 generación 2016
  • Viña Peón 2019
  • D´Fris 2017
  • Ribeira de los Naranjos 2018
  • VS Cuco 2017
  • Adega Vella Tradición 2018
  • Sabatelius Craballo 2017
  • Instinto Romano 2019
  • Prómine Barrica 2018
  • Expresión Histórica 2015
  • Adobe 2019
  • Gaela Os Queixeiros 2017
Mercedes González cata D.O. Ribeira Sacra / CRDORS

Cata Ribeira Sacra, o viño deste Nadal

A sumiller, Mercedes González Rodríguez imparte unha nova cata o xoves 17 ás 19.00h. Desenvolveranse por streamig (Zoom, Youtube, Facebook, Instagram). A participación na cata é aberta e de balde, pero é necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org ata 24 horas antes da cata. Unha vez inscritos obterán a ligazón de Zoom e das redes sociais para poder seguir a cata e deixar as súas preguntas ou comentarios sobre cada viño. 

Os viños que se catarán o día 17 son:

  • Finca Cuarta godello 2019 de Rubén Moure
  • Brandán godello 2019 de Algueira
  • Décima Mencía 2019 de José Manuel Rodríguez González
  • Casa Moreiras Mencía 2019 de Casa Moreiras
  • Adega dos Beizos Mencía 2019 de Óscar González Rodríguez
  • Mouro Mencía 2019 de Belarmino Compañía de Vinos
  • Rectoral de Amandi Mencía barrica 2017 de Rectoral de Amandi
  • Muras do Fortes Mencía 2019 de J. Antonio Fortes López
  • Saíñas Mencía 2019 de Javier Fernández
  • Sete Tolos barrica Mencía 2017 de Víctor Manuel Rodríguez.

ÚLTIMAS

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...

Novas titulacións e formación para todas as idades na Aula Universitaria da UNED en Monforte

Integrada no Centro Asociado da UNED en Lugo, a Aula Universitaria da UNED en...