HomesociedadeSolucionado o incidente que deixou sen auga á veciñanza da Pobra do...

Solucionado o incidente que deixou sen auga á veciñanza da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón solucionou o incidente que deixou a unha parte dos veciños e veciñas sen poder consumir a auga municipal durante cinco días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello da Pobra do Brollón asegura que a auga do abastecemento municipal xa reúne as condicións hixiénico-sanitarias óptimas, tras emendar un problema de subministro eléctrico dunha potabilizadora que clora a auga dunha decena de parroquias.

Os temporais da semana pasada causaron unha avaría no tendido eléctrico que chega á potabilizadora en Loureiro, que o Concello solucionou na fin de semana instalando un grupo electróxeno.

Despois de recuperar o subministro eléctrico, tiveron que pasar uns días ata restablecer as condicións sanitarias óptimas da auga, debido á gran turbidez que presentaba.

A auga de toda a rede municipal xa reúne as condicións sanitarias óptimas e pódese consumir dende este mércores, con total tranquilidade.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...