HomesociedadeO colexio do Courel contra a nova contratación do transporte escolar

O colexio do Courel contra a nova contratación do transporte escolar

A nova contratación do transporte escolar deixará sen traballo ós transportistas do Courel. O claustro e a Anpa do CPI Poeta Uxío Novoneyra reclaman á Xunta solucións a través dun escrito e o día 30 de decembro, ás 11:00, convocan, xunto cos transportistas, unha concentración de protesta diante do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nestes momentos, no concello de Folgoso do Courel, o transporte escolar está a ser realizado por taxistas autónomos e residentes no concello, que non posúen os medios materiais para realizar o transporte de 5 concellos máis, ademais do de Folgoso do Courel. Xa que segundo a nova contratación relativa ó Transporte escolar, Folgoso do Courel aparece no lote 27 cos concellos da Pobra do Brollón, Bóveda, O Incio, Ribas de Sil e o IES Daviña Rey de Monforte.

Segundo o escrito do colexio de Folgoso do Courel, a contratación que está a propor a Consellería de Cultura, Educación e Universidades imposibilita que estas persoas poidan continuar co seu traballo no transporte escolar. “Isto provocaría non só unha pérdida económica para cada un dos taxistas, senón o peche desta actividade económica para eles, perdendo o concello postos de traballo e o servizo de taxi.”

Os transportistas do Courel son colexio

O escrito recolle algunhas das seguintes cuestións:

“Facer un lote común dunha zona de montaña como é O Courel xunto con 5 concellos máis, provoca que estas persoas que están a crear traballo no Courel, se vexan na necesidade de buscar outras fontes de ingresos fóra do concello. Isto cando a Constitución recolle que se dispensará un tratamento especial ás zonas de montaña e O Courel é tamén zona rural prioritaria por estar integrado na Rede Natura 2000.

Con esta nova contratación do transporte escolar para o vindeiro curso se está a facer xusto todo o contrario, en lugar de darlle un tratamento especial para equiparala cos servizos doutras zonas, se nos iguala nin máis nin menos que con Monforte de Lemos (concello de referencia do lote 27). Con esta contratación non só non se presta atención a nosa zona de montaña, senon que se produce un empeoramento da súa situación actual a nivel social e económico.

No Lote 27 están incluídos 6 concellos, pero priorízase ter a base en Monforte de Lemos. É evidente que calquera autónomo ou empresa do Courel terá a súa sede no Courel, co cal xa parte en desvantaxe con calquera empresa/autónomo do concello de Monforte de Lemos. Esto é unha aposta polo rural e as zonas de montaña?

Transportistas Folgoso do Courel

O servizo para o alumnado tamén empeora porque para optar a esta contratación se lle esixe á empresa ter vehículos de 10-25 prazas (microbuses). Ata o momento se están a usar furgonetas de entre 7-9 prazas que permiten ó taxista entrar á aldea para recoller o alumnado. Polo tanto, esta modificación dun vehículo máis pequeño por outro máis grande implicaría que o alumnado deixará de usar a súa parada habitual na aldea para pasar a ter a parada na estrada. O tempo no transporte aumentará.

O servizo empeorará porque os nosos transportistas son parte implicada da comunidade educativa: son pais e familiares do alumnado transportado e son membros da nosa comunidade. Son colexio.”

Así, o colexio solicita co escrito que se anule ou modifique o lote 27 desta contratación, pasando a ser considerado o concello de Folgoso do Courel como zona única; que se priorice a autónomos/empresas locais para realizar este servizo no concello de Folgoso do Courel; que se licite con vehículos menores, como está actualmente e se manteñan as 6 rutas escolares tal e como se están a levar a cabo na actualidade.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...