Homesociedade'Postais viaxeiras' para poñer ao Incio no mundo

‘Postais viaxeiras’ para poñer ao Incio no mundo

O Concello do Incio repite campaña de promoción, en colaboración con Correos, para dar a coñecer o municipio a través dunha postal que chegará a moitos países do estranxeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A fotografía elixida para a ‘postal viaxeira’ deste ano foi feita outra vez por Tariq Dajani. É unha imaxe da Casa da Cabaza e nela pódese ver o embalse de Vilasouto.

O Goberno local fixo entrega de 800 exemplares desta postal cos calendarios locais de 2021 que tamén está a repartir entre os veciños e veciñas. A idea consiste en que envíen a postal, que leva o franqueo pagado, a familiares e amigos que vivan ou estean polo mundo e que estes lles manden a foto de volta dos lugares aos que chega. Outra opción é que a leven nas viaxes que fagan e que compartan os destinos onde chegan a través das redes sociais. Neste senso, o goberno local anima a veciñas e veciños a compartir as fotos coa postal nas redes sociais -Facebook, Twitter e Instagram- mencinonando ao Concello do Incio.

“É unha maneira máis de seguir dando a coñecer O Incio e ver o lonxe que chega”, explica o alcalde, Héctor Corujo, “e de que as persoas que reciben a postal, por lonxe que se atopen, queiran vir coñecernos ou saber de nós. Un reclamo máis do noso Concello”, indica.

No ano 2020 funcionou moi ben esta iniciativa, sendo a Igrexa de San Pedro Fiz a protagonista da postal. Chegou a diferentes destinos, moitos deles nacionais, e tamén a países como Francia, Italia, Polonia, Malta, Escocia, Reino Unido, Austria e incluso cruzou o charco e chegou ata Cuba. Todas as fotos foron compartidas nas redes sociais do Concello do Incio.

Postal viaxeira (2020) Venecia

ÚLTIMAS

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das...

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...