HomesociedadeO Saviñao reforza o equipamento de Emerxencias

O Saviñao reforza o equipamento de Emerxencias

O servizo de Protección Civil contará cun novo remolque para atender situacións urxentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Saviñao reforza o servizo de Protección Civil cun novo remolque para as emerxencias que lles permitirá “prestar unha mellor atención cidadá”, segundo comentou o propio alcalde, Carlos Armesto.

O novo vehículo dispón de electro bomba mergullable, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade, motoserra, rozadora, torre de iluminación, kit de balizamento e sinalización para as funcións de Protección Civil e de Emerxencias.

A súa adquisición foi posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia, a través da orde de axudas establecida para municipios de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER-Galicia 2014-2020).

Carlos Armesto agradeceu a colaboración do Goberno galego e puxo en valor o labor altruísta dos voluntarios que conforman o servizo. En palabras do rexedor: “a suma das axudas da Xunta, di, máis o traballo destas persoas, permítennos dar un mellor servizo aos veciños, ao tempo que melloramos, engade, a seguridade e a capacidade de resposta dunha asistencia tan necesaria como é a que ofrece Protección Civil”.

ÚLTIMAS

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...

Xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde...