HomesociedadeA presión hospitalaria aumenta en toda a provincia, con catro ingresados en...

A presión hospitalaria aumenta en toda a provincia, con catro ingresados en Monforte

A área sanitaria confirma outros 157 casos e os positivos activos sitúanse nos 1.666

Publicado o

- Advertisement -

A situación epidemiolóxica da área sanitaria de Lugo preocupa polo incremento continuo e elevado de casos, así como polo aumento da presión asistencial nos últimos días. Segundo o Sergas, nas últimas 24 horas confirmáronse 157 casos novos de coronavirus a través de PCR, trece menos ca un día antes. O total de casos activos sitúase nos 1.666 (+121 respecto de onte).

O dato máis desfavorable é, seguramente, o da presión hospitalaria, que non deixa de medrar. Este domingo 24 de xaneiro, os hospitais da provincia atenden 59 pacientes diagnosticados de Covid-19 (+7). En concreto, o HULA conta 24 en planta e once na UCI; o Hospital da Mariña, 19; o de Monforte, 4; e o Polusa, un.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...

A UNED Sénior de Monforte ten prazo de matrícula aberto para dous novos cursos

O primeiro dos cursos, "Unha aproximación ao patrimonio histórico-artístico na Ribeira Sacra: máis alá...