HomesociedadeEn marcha o plan de renovación de colectores de lixo de Monforte

En marcha o plan de renovación de colectores de lixo de Monforte

Este mércores, 3 de febreiro, o concello de Monforte comeza un plan que suporá a renovación de colectores e cubos de recollida de lixo ó longo de todo o municipio, tanto na zona urbana como nas parroquias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O desenvolvemento deste plan é froito das negociacións do Alcalde, José Tomé Roca, coa empresa FCC Medio Ambiente, que supuxeron a renovación do contrato para a recollida e transporte de residuos urbanos e limpeza viaria do municipio. Entre as melloras acadadas trala negociación, a empresa concesionaria levará a cabo o desenvolvemento dun plan que suporá a instalación en toda a cidade de 3.880 novos cubos e colectores de lixo, cunha inversión total de case 299.000 euros.

A este plan de renovación de colectores engádese o xa iniciado o pasado luns para a renovación de 297 papeleiras na cidade, que é outra das actuacións de mellora ofrecidas pola empresa FFC Medio Ambiente, tras a negociación co Alcalde e a posterior renovación do contrato co Concello.

 “Esta actuación”, resalta o Alcalde, “terá unha gran importancia para a mellora xeral do aspecto urbano do municipio e para a recollida de lixo, xa que as actuacións que imos poñer en marcha suporán a instalación en toda a cidade, así como nas parroquias do Concello, de 3.630 novos cubos e colectores de lixo, destinados á recollida da fracción resto, e 250 unidades para a recollida selectiva de residuos, cun total de 3.880 colectores novos”.

A renovación dos colectores da fracción resto suporá a implantación de 3.630 unidades, cunha inversión total prevista de 190.152,59 euros. A inversión destinada á renovación de colectores e áreas de recollida selectiva ascence a 108.665 euros, e renovaranse un total de 250 unidades de colectores así coma 50 unidades de sinalización vertical. 

Os traballos de renovación está previsto que comecen nos vindeiros días, cunha duración estimada de 4 semanas.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...