HomeTerra de LemosMonforteO novo Bus urbano monfortino fixo un ano

O novo Bus urbano monfortino fixo un ano

Un ano despois da súa presentación, o servizo aumentou un 140 % co novo vehículo, tendo ademais en conta que cadrou coa chegada da pandemia. 34.655 persoas usaron este novo bus urbano no 2020.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, deu a coñecer os datos correspondentes ao número de pasaxeiros que utilizaron o Autobús Urbano de Monforte no período que vai dende o inicio da súa actividade, o pasado 1 de febreiro de 2020, e ata o 31 de xaneiro de 2021.

En palabras do rexedor monfortino, e coas estatísticas na man, “o novo bus urbano de Monforte transportou, nos últimos 12 meses, un 140% máis de persoas que en 2019. En números absolutos, mentres que en 2019 foron 14.422 os usuarios, en 2020 ascenderon ata 34.665, o que supón 20.233 persoas máis que en 2019, todo un éxito para este novo servizo de trasporte público municipal”.

O balance anterior chega, ademais, tendo en conta que o servizo estivo suspendido en Monforte durante case dous meses -entre o 14 de marzo e o 10 de maio-, tras o estado de alarma decretado polo Goberno de España a raíz da crise do COVID-19.

O mes no con máis usuarios e usuarias contabilizados/as foi outubro, cun total de 4.397 persoas.

BUS MODERNO E GRATUÍTO

Trátase tamén dun caso único en Galicia, e practicamente en toda España, por ofrecer un servizo que é de balde para todos os usuarios e contar cun vehículo con múltiples prestacións. O Bus Urbano conta con conexión wifi, pantalla de televisión informativa, desfibrilador, xeolocalizador GPS, detector de fatiga do condutor, sistema ‘alcolock’ -control alcolemia condutor-, e está adaptado para persoas con mobilidade reducida ou con algunha discapacidade.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...