HomesociedadeO 22 iníciase na provincia a vacinación dos grandes dependentes e maiores...

O 22 iníciase na provincia a vacinación dos grandes dependentes e maiores de 80 anos

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) inicia hoxe, venres 12 de febreiro, o proceso de vacinación co antídoto de AstraZeneca aos profesionais sociosanitarios de Servizo de Axuda ao Fogar (SAF) menores de 55 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo, sinala que a área sanitaria de Lugo está a preparar a loxística para que o vindeiro 22 de febreiro se poida iniciar a vacinación do colectivo dos grandes dependentes e maiores de 80 anos. “A vacina vaise administrar nos centros de saúde das cabeceiras de comarca e nos outros seis de Lugo cidade”, precisou.

Polo momento trabállase na elaboración das axendas e da citación dos pacientes, e dende o Sergas agardan que a finais de marzo xa estea completada a aplicación da primeira dose a todas as persoas deste grupo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...