HomesociedadeQue me poño?, taller de imaxe persoal no IES A Pinguela

Que me poño?, taller de imaxe persoal no IES A Pinguela

Os alumnos do CS de Estilismo e dirección de peiteado do IES A Pinguela participaron nun obradoiro de Imaxe Persoal a cargo das asesoras de imaxe, Montse Guals e Elisabet Olivé, autoras dos libros “Qué me pongo?” e “Y yo qué me pongo” e fundadoras da empresa de Barcelona “Quemepongo".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quemepongo”, é un centro de formación e asesoramento de imaxe e persoal shopper con delegacións por todo o país, con mais de 20  anos de experiencia no sector da imaxe persoal e corporativa e que contan cunha metodoloxía propia adquirida ó longo dos anos a partir dun estilo moi próximo e persoal, valores que seguen latentes nos profesionais de  “Quémepongo” e que aplican en cada un dos seus servizos.

Os alumnos coñeceron como sentirse seguro cun mesmo é a clave do éxito persoal e profesional. A formación no taller impartido centrouse na definición dos compoñentes da imaxe persoal e as claves para descifrar os códigos de imaxe, como se perciben as formas, as liñas, os volumes e as cores asociadas á imaxe persoal, para despois establecer unhas pautas que propicien potenciar a imaxe a través da  harmonización e o contraste.

Por outra banda o alumnado traballou tamén na concreción duns criterios para detectar cal é a proxección da imaxe persoal e determinar os estándares de peiteado e maquillaxe para os diferentes niveis de etiqueta social, para poder así elaborar propostas de deseño puntuais ou definitivas, segundo o seu ámbito de aplicación empresarial, artístico ou social.


IES A Pinguela obradoiro “Quemepongo” / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Monforte achega a ciberseguridade á veciñanza a través dun ‘roadshow’ con información e actividades na Explanada da Compañía

O Concello de Monforte acollerá a vindeira semana unha interesante actividade que axudará a...

Conferencia sobre a relevancia de Lemos na Idade Media

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá a conferencia "A...

“Sen xuntas como a de Monforte dificilmente se podería resistir ao exército francés”, Alberto Rico, historiador

Segredos de Pantón entrevista nesta ocasión ao Doutor Alberto Rico Sánchez, profesor da Universidade...