HomesociedadeO Incio busca afianzarse como destino de natureza e aventura

O Incio busca afianzarse como destino de natureza e aventura

O rexedor mantivo un encontro cos membros da firma Greloland cos que abordou a posibilidade de organizar rutas que axuden a poñer en valor o potencial natural do municipio e atraian novos visitantes, unha vez que as normas sanitarias o permitan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local do Incio estuda a colaboración con Greloland para organizar saídas de moto-turismo ou trail, así como outras actividades de vehículos todoterreo ou formativas fóra do asfalto. Se as condicións o permiten, a primeira das rutas de motos de trail podería celebrarse na Semana Santa.

O obxectivo da proposta é ser especialmente coidadosos co medio ambiente e contorna, polo que os vehículos non serán os protagonistas dos plans que se deseñen, senón a natureza, a cultura, a gastronomía e o respecto e o compromiso co medio polo que discorran as rutas.

A implantación destas rutas turísticas terían como punto de partida o Concello do Incio e estarían deseñadas para visitar os principais puntos culturais e naturais que atesoura a localidade, como a Ruta do Ferro, a do Mamut, a dos Castros, a igrexa de Hospital ou a igrexa da Cruz do Incio, entre outros moitos.

Serán eventos de aventura con prazas limitadas nos que os asistentes contarán con monitores para levar a cabo todo o percorrido. A participación estará aberta á xente da zona e tamén doutros puntos de Galicia e de fóra da Comunidade.

O rexedor sinala que todos os contactos que se están a manter por parte do Goberno local teñen como obxectivo “poñer ao Incio no mapa do turismo de aventura e de natureza e promocionar todos os seus recursos”.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...