A crise derivada da covid-19 está a supoñer un reto sen precedentes para o comercio local. Os centros comerciais abertos tiveron que buscar novas fórmulas de dinamización comercial para adaptarse aos cambios nos hábitos de consumo e ós protocolos sanitarios esixidos para facer fronte a pandemia. Co obxectivo de compartir estas experiencias e descubrir distintas iniciativas que se están desenvolvendo dento e fóra de Galicia, os próximos días 10 e 11 de marzo terá lugar o I Congreso Galego de CCAs e CCUs. O evento, en formato online, acollerá relatorios de expertos e mesas redondas nas que intervirán representantesde varias zonas comerciais urbanas do País Vasco, Canarias ou Portugal.
As axudas económicas directas a pemes e autónomos, os bonos para o incentivo do consumo, a dixitalización do pequeno comercio e as iniciativas de transformación de espazos urbanos que se están a acometer en distintos lugares serán algúns dos temas a tratar nesta primeira edición, que espera ter continuidade.
O Congreso visionarase libremente a través de Zoom. Para asistir será preciso enviar un correo electrónico a congreso@agaxecca.gal antes do 9 de marzo ás 23.59 co nome completo, entidade da que se provén -de ser o caso- e teléfono de contacto.
Programa
Mércores 10
- 16.00h Apertura con autoridades.
- 16.45h PROXECTO Como vender a distancia, utilizando as Redes Sociais Ana Mesías Díaz – Xerente de Nayma Moda Mujer
- 17.15h RELATORIO Ecommerce e marketplace para o pequeno comercio e os CCA: saída, perdición ou burbulla? Javier Rocamora, Consultor en marketing online e estratexia en Las 3 en punto.
- 18.30h RELATORIO Liña de subvencións para Centros Comerciais Aber- tos e Urbanos da Xunta de Galicia: dúbidas e optimización do proceso. Persoal técnico Xunta de Galicia.
Xoves 11
- 9.30h PROXECTO Campañas de éxito na dinamización dos últimos anos: “El Juego de Vitoria-Gasteiz” e o “Mercado de la Almendra”. Patricia García Xerente de Gasteiz On (Vitoria-Gasteiz).
- 10.00h MESA REDONDA A adaptación urbana para fortalecer o comer- cio, experiencias e testemuñas dos comercios afectados. Anabel Gulías, Concello de Pontevedra; Ernesto Filgueira, Ex-Presidente Pontevedra Zona Monumental; Carlos Bethencurt, Presidente de Zona Triana.
- 11.15h RELATORIO Adaptación das entidades comerciais á nova nor- malidade, o papel das administracións e a experiencia da cooperación Cha- ves-Verín (Eurocidade). Vitor Pimentel; Presidente na ACISAT (Associação Empresa- rial do Alto Tâmega).
- 12.00h DESCANSO
- 12.15h PROXECTO A especialización e a venda multicanal no pequeno comercio. Tatiana Pérez, fundadora de Tea Bridge London.
- 12.45h MESA REDONDA Estratexia pública para a reactivación do con- sumo no pequeno comercio, hostalaría e servizos. Experiencias de políticas de incentivo das vendas. Xunta de Galicia, Emma Cid, Conselleira Técnica do Concello da Coruña; Patricia García Xerente de Gasteiz On (Vitoria-Gasteiz).
- 14.00h COMIDA
- 16.00h RECONEXIÓN
- 16.15h RELATORIO Adaptación das entidades comerciais á nova nor- malidade. O papel da administración pública e a importancia da dixitalización. Rui Marques, Director Xeral da Associação Comercial de Braga.
- 17.00h MESA REDONDA Cara onde van os CCAs/CCUs, financiación pú- blica e propostas para fortalecer as entidades. Xosé Regueira, Concello de Carba- llo, Blas Piñeiro. Deputación da Coruña; Xunta de Galicia; José Ángel Blanco, Xerente de Compostela Monumental.
- 18.30h Clausura con autoridades
Renovación da xunta directiva
A última asemblea ordinaria da Asociación Galega de Xerencia de CCAs e CCUs serviu para renovar a xunta directiva que seguirá presidida, durante os próximos catro anos, por Yonathan Carreira, xerente do CCA Estrela de Marín. O novo equipo, do que tamén entrará a formar parte Ángel Folgueira, xerente do CCU de Monforte, recibiu o respaldo unánime da asemblea e solicitou xa unha reunión co Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia.
Entre as propostas que lle queren trasladar figura a de que os centros comerciais abertos sexan os encargados de xestionar de maneira directa os bonos para o incentivo do consumo anunciados hai uns días polo presidente da Xunta. Os CCAs teñen experiencia na implantación de políticas de dinamización comercial e coñecen de primeira man as necesidades dos pequenos negocios que integran o comercio local.