HomesociedadeAs persoas de entre 50 e 55 anos empezarán a vacinarse este...

As persoas de entre 50 e 55 anos empezarán a vacinarse este sábado

O Sergas iniciará as chamadas pola letra H; os usuarios serán avisados a partir de mañá

Publicado o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou que iniciará o sábado a vacinación das persoas incluídas no grupo de idade de 50-55 anos, que a partir deste xoves comezarán a ser citadas informándoas do día, lugar e hora para recibir a vacina contra o coronavirus. Segundo as mesmas fontes, comezarase pola letra H.

A vacinación deste colectivo realizarase nos tres hospitais da provincia, para un total de 2.500 vacinas previstas na xornada do sábado. Na Mariña 500 persoas recibirán a vacina, de acordo coa mesma previsión; no Hospital Universitario Lucus Augusti vacinarase ese mesmo día a 1.700 lucenses de entre 50 e 55 anos, e no centro hospitalario de Monforte poñerase a primeira dose do antídoto contra a Covid-19 a 300 cidadáns.

Preguntadas sobre o ritmo de vacinación nas outras franxas de idade, as fontes do Sergas non concretan a situación, que é “moi variable” dependendo dos casos. Maiores e traballadores das residencias, así como profesionais sanitarios, foron os primeiros en recibir a vacina. No tocante aos maiores de 80 anos, comezouse o pasado 22 de febreiro. Tamén comezou a subministrarse o antídoto a docentes e integrantes das forzas e corpos de seguridade.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
 

ÚLTIMAS

Máis de mil persoas manifestáronse en Santiago de Compostela pola “paz e soberanía” de Venezuela

A concentración, convocada pola Asociación Galego-bolivariana Hugo Chávez (Agabo), foi secundada por sindicatos, asociacións...

O 12 de xaneiro abre o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia

A Deputación de Lugo abre o luns, 12 de xaneiro, o prazo para solicitar...

Chantada fai balance dun concorrido Nadal

O Concello de Chantada pechou esta programación de Nadal cun día especial que tivo...

O Concello de Taboada fai un chamamento para reunir fotos antigas

O Concello de Taboada está difundindo unha iniciativa para que lle chegue a toda...