HomesociedadeAs persoas de entre 50 e 55 anos empezarán a vacinarse este...

As persoas de entre 50 e 55 anos empezarán a vacinarse este sábado

O Sergas iniciará as chamadas pola letra H; os usuarios serán avisados a partir de mañá

Publicado o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou que iniciará o sábado a vacinación das persoas incluídas no grupo de idade de 50-55 anos, que a partir deste xoves comezarán a ser citadas informándoas do día, lugar e hora para recibir a vacina contra o coronavirus. Segundo as mesmas fontes, comezarase pola letra H.

A vacinación deste colectivo realizarase nos tres hospitais da provincia, para un total de 2.500 vacinas previstas na xornada do sábado. Na Mariña 500 persoas recibirán a vacina, de acordo coa mesma previsión; no Hospital Universitario Lucus Augusti vacinarase ese mesmo día a 1.700 lucenses de entre 50 e 55 anos, e no centro hospitalario de Monforte poñerase a primeira dose do antídoto contra a Covid-19 a 300 cidadáns.

Preguntadas sobre o ritmo de vacinación nas outras franxas de idade, as fontes do Sergas non concretan a situación, que é “moi variable” dependendo dos casos. Maiores e traballadores das residencias, así como profesionais sanitarios, foron os primeiros en recibir a vacina. No tocante aos maiores de 80 anos, comezouse o pasado 22 de febreiro. Tamén comezou a subministrarse o antídoto a docentes e integrantes das forzas e corpos de seguridade.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
 

ÚLTIMAS

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...

A familia de Pepiño moi agradecida e sorprendida pola repercusión da exposición de pintura na Biblioteca Municipal de Escairón

José Losada, ‘Pepiño’ para os amigos, é un veciño de Escairón moi popular no...