Do 27 ao 30 de marzo os hoteis de 3 e 4 estrelas da Ribeira Sacra contaron cun 53% de ocupación, superando nun 4% a previsión. En turismo rural había unha previsión de ocupación do 63% que se quedou nun 56% e noutro tipo de establecementos como apartamentos, albergues, pensións,… a presvisión era do 50% e chegouse ao 56%. Para as vivendas e apartamentos turísticos a previsión de ocupación era do 40% e chegouse ao 57%.
Os datos provisionais que ofrece o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra dividen a Semana Santa en dúas, a seguinte franxa iría do 31 de marzo ao 4 de abril.
Nesta segunda metade o nivel de ocupación xeral foi maior. Nos hoteis de 3 e 4 estrelas a previsión de ocupación era do 68% e chegouse ao 80%. En turismo rural a previsión era do 91% e chegouse ao 92%; noutros a ocupación foi do 77%, superando nun 2% a previsión e nas vivendas turísticas foi do 76%, un 4% menos do previsto. Con todo o balance da ocupación nesta segunda parte da Semana Santa foi do 83%, 5 puntos por riba das previsións.