HomesociedadeO Hospital de Monforte queda libre de pacientes de coronavirus

O Hospital de Monforte queda libre de pacientes de coronavirus

A área sanitaria experimenta unha baixada de casos activos tras dous días á alza.

Publicado o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este xoves 8 de abril 142 casos activos de coronavirus (3 menos ca onte), un descenso que se dá logo de dous días consecutivos de lixeiras repuntas. A cifra de novos positivos detectados a través de PCR nas últimas 24 horas foi de 5.

A melloría tamén afecta á presión asistencial, pois o total de hospitalizacións redúcese a 8 (-2), todas elas no Hospital Universitario Lucus Augusti. Hai cinco pacientes en planta e outros tres que permanecen nas Unidades de Coidados Intensivos. Así pois, o Hospital da Mariña volve quedar libre de coronavirus tras unha alta.

Dende o inicio da pandemia, faleceron 212 persoas diagnosticadas de Covid-19 na provincia de Lugo, curáronse 11.758 e realizáronse 209.323 probas PCR

ÚLTIMAS

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...