HomesociedadeFinaliza a mellora do acceso á Finca de Tor

Finaliza a mellora do acceso á Finca de Tor

A Deputación recepciona as obras de mellora dos acceso á Finca de Tor, en Monforte, que impulsou a institución provincial cun investimento de preto de 480.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na entrada da finca fíxose efectiva a finalización dos traballos coa sinatura da acta de recepción da obra que realizaron técnicos da institución provincial e da empresa ACOVAL, SL. “Este é un proxecto moi importante, pero non só polo volume de investimento, senón porque é un gran avance na comunicación vial entre o centro da cidade con este complexo”, afirmou o Presidente, quen subliñou ademais que responde ao seu compromiso de impulsar e poñer en valor a Finca de Tor para convertela nun referente para o sector primario con actividades vinculadas coa produción ecolóxica e a formación universitaria.

“Hai máis de doce anos, no 2009, a Deputación procedeu á mellora do primeiro tramo, que é o que enlaza a estrada provincial LU-P-3207 coa da Xunta, a LU-617. Agora reactivamos este proxecto e completamos o arranxo da pista, ata chegar ao Aulario do Pazo de Tor”, explicou José Tomé. 

Os traballos consistiron no ensanche da vía LU-P-3207, dende o quilómetro 0 ata o 3,3. Iniciáronse no punto no que estaba parado o ensanche, e continuouse cunha nova construción en liña recta a través dos prados, chegando a conectar coa pista existente que accede ao Pazo,  nunha lonxitude de 600 metros, entre os puntos quilométricos 2,7 e 3,3.

Pola súa banda, a actuación dentro da Finca de Tor consistiu na construción dun novo vial ata o Aulario, con novos accesos, unha rotonda para cambiar o sentido da circulación e estacionamentos para coches e autobuses. 

ÚLTIMAS

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...