HomesociedadeAxudas de 1.000 euros para a hostalería de Quiroga

Axudas de 1.000 euros para a hostalería de Quiroga

O Concello de Quiroga vai asinar un convenio con Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia para colaborar economicamente cos autónomos e pequenas empresas que tiveron que pechar o seu negocio con motivo das medidas sanitarias adoptadas pola Xunta de Galicia en xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A maioría dos industriais locais que solicitaron as axudas convocadas pola Xunta de Galicia para axudar á hostalaría e á restauración, terán a maiores un complemento como axuda do Concello de Quiroga. Serán preto dunha trintena os establecementos – os que cumpren cos parámetros marcados na normativa da Xunta de Galicia – os  que reciban este complemento de 1.000 €.

Con esta nova axuda o Concello de Quiroga pretende, en palabras do rexedor local, Julio Álvarez, apoiar a un sector estratéxico que serve para manter a economía e a paz social do municipio.

Esta axuda económica forma parte do I Plan de Axudas do Concello de Quiroga para traballadores autónomos e empresarios que tiveron que pechar os seus negocios e empresas afectados pola crise da COVID-19. A primeira parte deste plan consistiu na exención do pago do recibo da auga e lixo do primeiro trimestre do 2021 a aqueles establecementos que tiveran que pechar polas medidas sanitarias da pandemia.

A segunda parte deste plan municipal, a parte económica, son os 1.000 € que recibirá cada establecemento tras a firma do convenio con Vicepresidencia.

Respecto desta medida que chega agora, os dous partidos da oposición, PSOE e BNG, lembran que durante os meses de pandemia xa propuxeron en diferentes ocasións axudas directas á hostalería ao Goberno Municipal.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...