O Hospital de Monforte atende seis dos quince pacientes ingresados con Covid na provincia

Encadea varios días consecutivos de aumento de presión asistencial

Entrada principal do Hospital de Monforte / XdL

Continúa o incremento de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Lugo, que xa rexistra 219 pacientes con infección (+4 respecto da xornada anterior). É unha suba menos pronunciada ca a experimentada no día de onte, pero vén acompañada de 18 novos positivos detectados nas últimas 24 horas a través de PCR.

Non aumenta o número total de doentes ingresados (15). Catro seguen na Uci do Hula. Os outros once distribúense do seguinte xeito nas unidades de hospitalización: catro no Hula, un no Hospital da Mariña e seis no de Monforte. Este último centro hospitalario encadea xa tres días consecutivos con novos pacientes.

Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 213 persoas diagnosticadas coa Covid, curáronse 11.991 e realizáronse 223.812 probas PCR.

GALICIA

No ámbito autonómico, os novos contaxios detectados aumentan a 230 e os pacientes hospitalizados debido a este coronavirus subiron a 211 (+4). Mentres, os casos activos manteñen a tendencia ascendente por terceira xornada consecutiva. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here