HomesociedadeO polígono do Reboredo nun vídeo promocional

O polígono do Reboredo nun vídeo promocional

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu de mans da Xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico” (SEA), Beatriz Sestayo Doce, o vídeo que esta entidade elaborou, co obxectivo de promocionar o Polígono Industrial de O Reboredo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este vídeo promocional ten por obxectivo dar a coñecer o potencial deste polígono empresarial e da área de Monforte pola súa ubicación estratéxica. Neste senso, ambas entidades adquiriron o compromiso de difundilo nas súas respectivas webs e redes sociais, nos distintos foros económicos nos que estean presentes tanto o SEA como o propio Concello, e tamén entre o ámbito empresarial, galego e estatal.

O Alcalde amosou a súa satisfacción “pola dinámica do polígono nos últimos tres anos, que permitiu que só queden 8 parcelas dispoñibles, trala venda de ata 12 parcelas nese período. Neste senso, o vídeo promocional que difundiremos dende hoxe, amosa a boa marcha do noso polígono e as posibilidades de negocio que os empresarios poden atopar nel”.

Na mesma liña, a xerente do SEA destacou que “difundir e promocionar a área empresarial de Monforte é unha das liñas de actuación prioritaria para nós dende o SEA, debido ós resultados que se están obtendo no polígono, cun incremento das operacións pechadas nos últimos tres anos”.

O vídeo, describe as posibilidades en canto a infraestruturas e servizos cos que conta o polígono, que pusúe unhas boas comunicacións, por atoparse a 1,5 Km da N-120 e tamén da futura autovía A-76, así como cunha ubicación xeográfica que o pode facer atractivo para as empresas.  Ademais, o vídeo tamén recolle imaxes da Ribeira Sacra e da cidade de Monforte e xa se pode consultar na canle de Youtube do Concello a través do seguinte enlace:

A pasada semana, o Concello monfortino solicitou formalmente Suelo Empresarial del Atlántico a posta en marcha dos estudos necesarios para a ampliación do Polígono Industrial do Reboredo, petición que xa foi abordada na reunión que mantiveron a o mandatario monfortino e a xerente do SEA, quen destacou entón que “os datos reflexan que Monforte ten presente e moito futuro, cun polígono exemplo de motor de dinamización económica e da esencial creación de emprego”.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...