HomesociedadeO Xeoparque Montañas do Courel inspira novelas

O Xeoparque Montañas do Courel inspira novelas

O presidente do Ilustre Colexio Oficial de Geólogos, Manuel Regueiro, visita esta fin de semana diversos puntos do Xeoparque Montañas do Courel. Nas instalacións do Museo Xeolóxico foi recibido polo alcalde, Julio Álvarez, que o acompaña a diversos puntos do territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un dos motivos da visita é ver con máis detalle as moitas características  xeolóxicas do Xeoparque para coñecelo e apoialo dende o Colexio de Xeólogos e ver o traballo que se está facendo. Manuel Regueiro que é tamén o xefe de relaciones Externas e Comunicación do Instituto Geológico y Minero de España e membro fundador da ONG Geólogos del Mundo, citou o “enorme, espectacular e quilométrico pregamento do Courel” como o foco do Xeoparque. “Un lugar que forza a mente das persoas que o miran a entender as forzas tectónicas, a historia xeolóxica espectacular e os tempos incribles que aquí se viviron antes de que houbese seres vivos.”

Este especialista tamén documéntase sobre o que pasou na zona dende a época dos romanos ata hoxe para escribir a súa próxima novela. Unha novela que terá que ver coa xeoloxía, a arqueoloxía e a historia presente e pasada, como na súa primeira novela “El tesoro de Brando”.

Os restos de Elba, os mortos atopados na cova de Arcoia, as minas romanas de ouro, unha detective que terá que investigar casos sen resolver, as súas raíces familiares quiroguesas, … todas son ideas que nestes momentos pasan pola cabeza de Manuel Regueiro. “Unha mestura de historias que ligarán o pasado co presente no marco da xeoloxía” e que levará o título de “Quiroga”. 

Cando este proxecto estea rematado e chegue o momento de dalo a coñecer, Manuel Regueiro, presentarao na capital do Xeoparque, Quiroga, aceptando a petición que lle fixo o rexedor local.

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...