HomesociedadeEn Bóveda preparan o campamento de verán

En Bóveda preparan o campamento de verán

O concello traballa na organización dun campamento de verán para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos para o mes de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O campamento será durante os días lectivos do mes de xullo en horario de 9:00 a 14:00 h. e desenvolverase nas instalacións municipais: centro sociocultural, pavillón municipal, a contorna destas instalacións e A Filgueira –detrás da casa do concello–. Aínda por perfilar o programa ao detalle, este incluirá actividades deportivas, manuais, xogos, etc.

Os interesados e interesadas poderán anotarse do 20 ao 27 de xuño tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Bóveda. Para facelo pódese chamar ao teléfono 982 426177.

Segundo comenta a técnica de Cultura, Mirian Palmón, a previsión inicial era sacar 15 prazas pero vanse ampliar porque teñen xa 19 preinscricións. Neste momento están á espera de que cambie o decreto de actividades de tempo libre e ver a ratio de monitores por usuarios.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...