HomesociedadeA seguridade viaria no Camiño Francés a análise

A seguridade viaria no Camiño Francés a análise

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza co presidente da asociación de Amigos do Camiño de Santiago da comarca de Sarria, Jorge López, na que tamén participación responsables en Lugo da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e da Axencia de Turismo de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na xuntanza tratáronse cuestións relacionadas coa seguridade viaria dos peregrinos ao percorrer as partes da estrada autonómica que coinciden co trazado da ruta xacobea.

A reunión serviu tamén para analizar a situación actual e coñecer as principais necesidades que observa o colectivo. Arias lembrou que a Xunta ten desenvolvido nos últimos anos varias actuacións de mellora da seguridade no Camiño Francés, como o repintado da sinalización horizontal da LU-633, a mellora da sinalización nos cruces da ruta coa estrada autonómica ou a ampliación de tramos demasiado estreitos.

A Administración galega traballa para executar novas actuacións específicas de mellora da seguridade no Camiño co fin de favorecer un tránsito cómodo para os peregrinos, como usuarios vulnerables das vías.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...