HomesociedadeBóveda investe 240.000 euros nunha nave para viveiro industrial de empresas

Bóveda investe 240.000 euros nunha nave para viveiro industrial de empresas

O Concello de Bóveda vén de recibir a confirmación por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que dirixe Francisco Conde, da concesión dunha subvención para a creación dunha nave para viveiro industrial de empresas no parque empresarial da localidade, na zona de Casas Novas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto suporá un investimento total de 240.000 euros, dos cales a Xunta de Galicia achega o 80% e o 20% restante será cuberto con fondos propios do Concello de Bóveda. O alcalde, José Manuel Arias, explica que con esta actuación “búscase fixar poboación no rural, pero tamén fomentar e xerar novas oportunidades de negocio que axuden a dinamizar o entorno rural ao que pertence o Concello”.

A localidade está experimentando ademais, engade, unha transformación da súa estrutura social e laboral, coa instalación de novas familias procedentes de contornos urbanos e tamén de persoas xoves orixinarias deste Concello ou doutros próximos que pretenden desenvolver a súa actividade laboral na Comarca.

Desde o concello destacan a posición do Parque Empresarial con respecto da vía de altas prestacións Nadela-Monforte e os seus nós de enlace, “que converten a este Parque nun polo de intercambio de mercadorías entre os diferentes operadores de transporte e de transporte lixeiro da comarca. Cada vez mais, pequenos empresarios e autónomos demandan espazos non moi amplos, pero si con tódolos servizos que a tecnoloxía proporciona hoxe, e de dispoñibilidade case inmediata, a fin de poder formarse ofrecer os seus servizos á sociedade.”

O proxecto

O proxecto propón crear un espazo de formación teórico e práctico e de traballo compartido onde os diferentes actores de diversas profesións poidan desenvolver a súa actividade, optimizando recursos, dar a coñecer un negocio e crear sinerxías con outros profesionais.

O viveiro industrial ofrecerá espazos de traballo (despachos) con banda ancha en redes, sala de reunións, sala de conferencias, sala de reprografía, así como espazos formación individualizada ou conxunta, e tamén formación práctica, así como de intercambio de ideas.

Este espazo ocupará dúas parcelas de uso industrial do Parque Empresarial do Concello de Bóveda, cunha superficie de 1.502,70 metros cadrados.

As parcelas conforman unha planta triangular cun desnivel entre vértices de ata seis metros. O viveiro estará na súa totalidade en planta baixa. A entrada peonil efectuarase na parte máis ancha da nave. A esta planta tamén se poderá acceder en horizontal ao taller con vehículos.

A zona de prácticas terá acceso pola mesma porta que os peóns dende o corredor que da acceso aos despachos, e tamén polas portas de acceso de material con vehículos. 

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...