HomesociedadeBustelo de Fisteus vístese de Aldea Modelo de Galicia

Bustelo de Fisteus vístese de Aldea Modelo de Galicia

Comezaron os traballos de acondicionamento dos terreos do núcleo de Bustelo de Fisteus, recentemente declarada como Aldea Modelo de Galicia pola Consellería do Medio Rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Bustelo de Fisteus é a décimo cuarta aldea modelo de Galicia, pronto comezará a recuperación da terra agraria e nas próximas semanas contarase cunha xestión. A primeira actuación nunha aldea modelo é recuperar a terra agraria da contorna do núcleo cunha dobre finalidade: por un lado poñela a producir e por outro facer unha xestión activa da biomasa previndo os incendios forestais.

Na actualidade cóntase cun promotor interesado en levar a cabo a rehabilitación de varias construcións para poñer en marcha un pequeno hotel enfocado á oleicultura. Leo Chamorro calcula que aproximadamente nun ano poderá inaugurar “un hotel enfocado a un cliente que valore o aceite, sobre todo o da zona, onde o cliente veña vivir a experiencia de saber como se fai o aceite, como se elabora, poder probalo e vivilo”.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez agarda que con este proxecto Bustelo de Fisteus non só recupere os seus terreos de cultivo, se non que poida recuperar as súas vivendas e ter un futuro prometedor”. A arquitectura do núcleo, a súa situación xeográfica, enmarcada entre unha alvariza totalmente rehabilitada e o miradoiro dende o que se contempla todo o val do río Quiroga, onde rematou a visita; fan que este lugar poida chegar a ser en palabras do rexedor local, “un punto turístico referente no Xeoparque Montañas do Courel”.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...