HomesociedadeMonforte repara a pasarela peonil do Parque dos Condes

Monforte repara a pasarela peonil do Parque dos Condes

Comezan as obras de reparación da pasarela peonil de madeira do Parque dos Condes, actuación englobada dentro do programa de mellora planificadas polo Equipo de Goberno para as infraestruturas da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións de reparación da pasarela están sendo desenvoltas dende hoxe pola empresa Carpintería Pinto, cun orzamento de 6.805,22 euros e un prazo de execución de 1 mes, polo que durante o desenvolvemento dos traballos, a pasarela estará pechada para o tránsito dos viandantes.

En concreto, as obras de mellora consisten na reparación dos elementos danados da estrutura de madeira laminada portante da pasarela, e no reforzo dos seus pontóns, aportando novo material nos puntos onde é necesario.

Tamén se levará a cabo a substitución da totalidade do pavimento de madeira maciza, mediante a colocación dun novo pavimento en madeira maciza de pino silvestre, con tratamento para exteriores. Tamén repararase a varanda de madeira, coa aportación de novo material onde sexa necesario.

O Alcalde sinala que “decidimos acometer esta obra de reparación da pasarela do Parque dos Condes, que ven de dar comezo no día de hoxe, debido ó estado de deterioro no que se atopaba e dado que se trata dunha pasarela moi transitada polos nosos cidadáns e visitantes. Deste xeito, a reforma suporá unha significativa mellora para os veciños e veciñas que disfrutan das instalacións e servizos do Parque dos Condes.” 

ÚLTIMAS

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...