HomesociedadeRuta xeolóxica o día 10 no Incio

Ruta xeolóxica o día 10 no Incio

O Concello do Incio, en colaboración coa Cámara Mineira de Galicia e o Colexio Oficial de Xeólogos organizan unha ruta guiada para o vindeiro sábado día 10 de xullo. A andaina ten como eixo central e Ruta do Ferro do Incio vista desde a historia xeolóxica: mares e cordilleiras de hai millóns de anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A existencia de abundantes minas de ferro, de augas termais, e de ríos que desaparecen e volven a aparecer, ten unha interesante explicación xeolóxica. Para comprender esta explicación debemos remontarnos ao que os xeólogos coñecen da Terra hai máis de 400 millóns de anos, cando a comarca do Incio era un lugar moi diferente.

Ás 10 da mañá haberá unha charla no salón de usos múltiples do Concello con Eduardo González Clavijo sobre as minas de ferro e as augas termais. Clavijo é licenciado en xeología pola Universidade de Salamanca. Nos últimos anos realizou varios traballos de divulgación científica e xeoturismo para a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, a Sociedad Geológica de España e o Colexio Oficial de Xeólogos. É o autor da explicación xeolóxica da Ruta do Ferro realizada en 2018 para a Cámara Oficial Mineira de Galicia.

Ao remate farase a ruta guiada, de cinco quilómetros de percorrido por un tramo da Ruta do Ferro, ata a Fonte de Arnado e con parada en dúas das minas que hai no traxecto. O traslado ao punto de saída será en microbús.

É preciso reservar praza chamando ao Concello do Incio, ao teléfono 982 42 70 14. Hai 30 prazas dispoñibles. A actividade, pensada para todos os públicos, é gratuíta e recoméndase levar calzado cómodo e auga. 

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...