Homesociedade"Tomé non respecta os dereitos dos traballadores que foron os que o...

“Tomé non respecta os dereitos dos traballadores que foron os que o levantaron á alcaldía”, aseguran desde CCOO

CCOO considera inaudito que un alcalde do PSOE e ex sindicalista como José Tomé utilice a Policía Local para prohibirlle a uns traballadores que accedan ao seu posto traballo cando reclaman o dereito á subrogación para seguir levando un salario a casa. Refírese o sindicato ao traballadores do Centro do Viño despois de que o servizo fora adxudicado a outra empresa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Comisións Obreiras en Monforte amosan o seu apoio a estes traballadores do Centro do Viño da Ribeira Sacra, tanto sindicalmente como poñendo á súa disposición os servizos xurídicos para facer valer o dereito á subrogación.

Comisións considera que chove sobre mollado xa que o señor Tomé “non respecta os dereitos da clase traballadora que foron os que o levantaron á alcaldía.” O sindicato insta ao alcalde a “non montar chiringuitos para favorecer aos amigos dunha UTE, que coñece toda a comarca de Lemos, por ser da súa corda.”

A Secretaria de Acción Sindical recomenda ao alcalde “que reflexione nesta deriva antiobreira” no caso do Centro do Viño e o Conservatorio. Comisións Obreiras de Lugo está convencida que o Xulgado do Social no seu momento dará a razón aos traballadores do centro do viño e serán subrogados como no seu día o foron os de FCC, Aqualia, a piscina municipal, e os traballadores de limpeza das distintas dependencias municipais.

ÚLTIMAS

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...