HomesociedadeExecutado o 90% do Plan Ribeira Sacra pese á Covid

Executado o 90% do Plan Ribeira Sacra pese á Covid

A Xunta de Galicia executou no ano 2020 o 90% das actuacións previstas para a Ribeira Sacra asegurou o conselleiro, Román Rodríguez, no Parlamento de Galicia, onde anunciou que o Goberno galego traballa no proceso para a declaración do románico da Ribeira Sacra como un conxunto de Bens de Interese Cultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tal e como explicou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Xunta de Galicia traballa “con todos” para que a declaración de Patrimonio Mundial sexa unha realidade o antes posible. Nesta liña, Román Rodríguez fixo referencia ao carácter “aberto e participativo” do proceso da candidatura no que, tal e como precisou, se mantiveron preto de 40 xuntanzas con diferentes institucións, concellos, asociacións, veciños e entidades. 

“Este foi un proceso marcado polo diálogo no que sempre tivemos en conta as achegas dos diferentes axentes implicados”, declarou. Proba disto é que na incoación do BIC da Ribeira Sacra se estimaron o 80% das alegacións presentadas e se incorporaron todas as referentes aos estándares de protección das adegas, a incoación de novos bens ou as relativas ás construcións defensivas. 

Así mesmo, a tramitación para a declaración do románico da Ribeira Sacra como un conxunto de BICS tamén se iniciou por petición dos propios colectivos vencellados ao territorio. “O proceso, que esperamos rematar este mesmo ano, será unha das claves para a preservación dos valores universais da Ribeira Sacra”, engadiu. 

“Continuamos confiando nos valores únicos e excepcionais desta paisaxe cultural e crendo que merece o máximo recoñecemento da Unesco en materia de patrimonio”, afirmou o responsable de Cultura do Goberno galego, quen explicou que a Xunta, en paralelo á candidatura, continuará avanzando no Plan Ribeira Sacra que conta cun investimento de 34M€ ata o ano 2023. “No pasado exercicio fomos capaces de executar o 90% das accións previstas a pesar da situación sanitaria e agora imos redobrar os esforzos para superar as previsións iniciais deste ano porque o Icomos recoñece que este instrumento de xestión está sendo clave”, explicou Román Rodríguez. 

Esforzo de todos

Durante a súa intervención, o conselleiro tamén fixo un chamamento a todos os grupos para que traballen xunto coa Xunta de Galicia no futuro deste territorio. “O Goberno galego está cumprindo escrupulosamente co acordado e reformularemos os aspectos da candidatura que sexan precisos, pero este territorio merece o esforzo de todos para conseguir o si definitivo”, expresou. 

Así, lembrou que a Xunta de Galicia e o Goberno central retomarán en setembro os contactos con Icomos e ampliarán o grupo que traballa na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. “Debemos aproveitar a decisión de pospoñer os trámites finais para fortalecer o noso traballo e acreditar coas máximas garantías os valores excepcionais da Ribeira Sacra”. Para iso, tal e como apuntou, apostarase por “intensificar a actividade a todos os niveis co fin de acadar unha mellor compresión dos valores excepcionais que fan que a Ribeira Sacra mereza o máximo recoñecemento da Unesco”. 

Todas estas medidas complementaranse co proxecto presentado aos fondos europeos Next Generation para actuar sobre este territorio e que aspira a captar 40M€. Trátase dunha proposta específica para a rehabilitación patrimonial que permiten “falar do futuro con seguridade e continuar avanzando con firmeza e solvencia”, engadiu. 

ÚLTIMAS

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...

OPINIÓN: O Bóveda Slam Poetry no XV campionato de Poetry Slam España

A cidade de Cartaxena acolleu, os días 17, 18 e 19 de setembro, o...