HomesociedadeQuiroga suspende a Feira do Viño para evitar que poida ser un...

Quiroga suspende a Feira do Viño para evitar que poida ser un foco de contaminación

Seguindo os consellos do Comité de Expertos de Galicia o Concello de Quiroga non celebrará esta fin de semana a Feira do Viño. Agardouse practicamente ata o último minuto para saber a situación sanitaria antes de tomar unha decisión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mantivéronse xuntanzas coa Confraría do Viño, co Comité Organizador, coa Xunta de Seguridade Local (na que estivo presente a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez) e cos hostaleiros da vila antes de cancelar  a parte de maior concentración de xente. Todos eles estiveron de acordo en non levar a cabo a parte da feira que concentra maior número de persoas: as casetas de venda de viño e o pregón. Obviamente tamén se cancela o concurso de camisetas por ir aparellado a estas dúas actividades.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, que informou persoalmente aos portavoces da oposición, confirmou que “a decisión tomouse pensando na hostalaría, e aínda que o municipio quirogués atópase cunha incidencia moi baixa en canto ao número de casos positivos de Covid (incidencia acumulada nos últimos sete días >10), quérese evitar que a feira poida ser un foco de contaminación, proliferación ou diseminación da pandemia”.

Si se manterá é a parte máis cultural da feira. O  concerto da banda de música Santádega, o espectáculo de animación infantil “Ramona Órbita, a dona do tempo” a cargo do grupo Pakolas e as actuacións de Festicultores Troupe e da Charanga Louband completarán un programa de actos de dous días  marcado por unhas condicións sanitarias e unhas normas de obrigado cumprimento.

A exposición das botellas dos caldos que acudiron á maioría das feiras do viño, acompañadas dos carteis anunciadores, que se presentaba na pasada Semana Santa como lembranza da data na que se tiña que celebrar a feira servindo de homenaxe aos adegueiros que pasaron polas feiras do viño de Quiroga, poderá verse novamente na entrada do Auditorio Municipal. 

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...