HomesociedadeCourel Vivo demanda da Xunta mellor distribución de brigadas no Distrito de...

Courel Vivo demanda da Xunta mellor distribución de brigadas no Distrito de Terra de Lemos

Courel Vivo vén de presentar un escrito na Xefatura Territorial de Lugo de Medio Rural e ó Distrito das Terras de Lemos para a Reorganización de Brigadas para ter base no Concello de Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os expertos veñen avisando de que en todo o país vai haber lumes cada vez máis grandes e máis difíciles de atallar, “Moi particularmente no noso Concello polo amplo porcentaxe de Monte que temos e o Valor ambiental que temos; debería ser motivo para que contásemos com máis médios de prevención e extinción,” sinalan desde Courel Vivo.

Consideran que desde Medio Rural se debería dotar esta zona cunha brigada para a prevención durante todo o ano e outra de reforzo de 6 meses. Courel Vivo vén de presentar un escrito na Xefatura Territorial de Lugo de Medio Rural e ó Distrito das Terras de Lemos para a Reorganización de Brigadas para ter base no Concello de Folgoso do Courel. Solicitan:

  • Que desde o Distrito Forestal de Lemos e Xefatura Provincial de Lugo, dependente da Xunta de Galicia, se asigne unha Brigada de Extinción de todo o ano ó Courel reforzando a que hai de 12 meses con máis persoal.
  • Que desde o Distrito Forestal de Lemos e Xefatura Provincial de Lugo, se reorganicen as bases das sete brigadas de reforzo de 6meses, poñendo unha no noso Concello.
  • Que desde a Xunta de Galicia, o Concello, Confederanción e falando coa veciñanza se tente dotar dun pozo de carga a cada aldea nas que se dean as condicións para usar con motobomba, helicóptero. Así mesmo se manteñas as rodeiras de acceso ó monte que se consideren esenciais, acondicionadas para acceder cunha motobomba.
  • Que no último lume de Ferreirós se acondicione con palla para que o monte teña menos escorrenta de cinza e terra cara a aldea.

ÚLTIMAS

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, na parroquia de Montefurado, celebra a súa ‘X Xornada Castañeira’ este 31 de outubro

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, entidade afincada na aldea dos Anguieiros, na parroquia...

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...