HomesociedadeQuiroga celebra o 10 de agosto a XXX Mostra do Mel

Quiroga celebra o 10 de agosto a XXX Mostra do Mel

O Concello de Quiroga dará a coñecer unha vez máis a calidade do mel que se produce no municipio. Farao o martes, día 10 de agosto, na Mostra do Mel, coincidindo coa feira de mercado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Serán 4 os apicultores que presenten nesta edición da mostra o mel desta zona, deixando claro porque este produto comparte en Quiroga un lugar destacado, xunto co viño e o aceite.

As actividades organizadas con motivo desta Mostra comezarán xa o xoves día 5, coa apertura da exposición “Apicultura tradicional galega” que inclúe 42 fotos e un vídeo sobre o control da Vespa Velutina – e unha charla a cargo de María Lorenzo, sobre “Apiturismo no Courel: Ruta das alvarizas de Seceda.” Estas dúas actividades forman parte do proxecto Apiturismo Xacobeo 2021/2022 da Asociación Galega de Apicultura.

Este programa de Apiturismo ten por obxectivo poñer en valor a apicultura milenaria cunha arquitectura única no mundo, da que dan conta construcións e ferramentas que forman parte da paisaxe e do patrimonio etnográfico e cultural das aldeas de Quiroga: as alvarizas, alvares ou cortíns. 

O recinto feiral para a venda de mel e outros produtos apícolas como xelea real, pole ou própole, instalarase o martes día 10 dende primeiras horas da mañá pola rúa Real, nas inmediacións da casa consistorial. A partir das once da mañá a charanga Europa encargarase de amenizar o recinto feiral. 

Os colmeares situados nas zonas máis altas do municipio producen mel co predominio do castiñeiro, mentres que os situados nas zonas do val dan mel de brezo, planta moi abondosa e da que Quiroga recibe o seu nome; nas zonas intermedias as abellas recollen o pole de castiñeiros e queirugas que xuntan con moitas outras flores dando un mel multifloral. Tres variedades con matices diferentes en canto a cor, textura e sabor pero coa mesma calidade. Contarase cunha degustación de meles “Meles Cinco Estrelas de Galicia”, organizada pola Asociación Galega de Apicultura.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...