HomesociedadeMelloras no firme das rúas monfortinas para a chegada de La Vuelta

Melloras no firme das rúas monfortinas para a chegada de La Vuelta

O concello de Monforte acomete obras de mellora en tramos de dúas rúas do casco urbán de Monforte co obxectivo de renovar o seu firme para garantir a seguridade dos ciclistas de La Vuelta a España, que terá a Monforte coma final de etapa o vindeiro venres 3 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un dos tramos está en Avenida de Galicia, próximo ó cruce coa rúa Roberto Baamonde, e outro na rúa Celso Emilio Ferreiro, próximo ó entronque coa Avenida de Galicia.

Dado o mal estado de conservación no que se atopaban ditos tramos, e debido ó paso da caravana ciclista de La Vuelta a España polos mesmos, o Concello procedeu a renovar a capa de rodadura, co fresado do firme actual e a posterior aplicación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 cm. de espesor. Posteriormente, procederase ó pintado das marcas viais correspondentes (liñas e cebreados).

O investimento para estas melloras, que servirán para garantir a seguridade dos ciclistas ó seu paso pola cidade, alcanza os 22.000 euros (22.769,86 €).

“Un evento da importancia de La Vuelta Ciclista, que amosará o vindeiro venres Monforte e a Ribeira Sacra en millóns de fogares de todo o mundo, require que a cidade presente as condicións óptimas para que o fin de etapa que acollerá a nosa cidade sexa todo un éxito, garantindo con estas actuacións a seguridade do pelotón ciclista polas nosas rúas. Actuacións coma a que acometemos hoxe cumpren coas condicións técnicas indicadas polo comité técnico de La Vuelta en canto ó firme viario se refire”, destaca o Alcalde.

ÚLTIMAS

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...