HomesociedadeNovo campo de traballo para a posta en valor do Castro de...

Novo campo de traballo para a posta en valor do Castro de Penadominga

Os participantes neste campo chegaron a Quiroga esta fin de semana e comezaron co seu principal cometido que consiste en abrir un sendeiro que permita chegar ata o castro facendo unha ruta circular, aproveitando un antigo camiño que unía Bendollo con Vilar de Mondelo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este novo Campo de Traballo “Arqueolóxico e de Dinamización” desenvolverase ata o día 8 de setembro. Ademais de labores de roza, sinalizarán o acceso e colocarán un panel explicativo no propio castro. Estes traballos realízanse baixo a supervisión do arqueólogo, Iván Álvarez.

Este é o segundo ano no que se levan a cabo traballos de acondicionamento neste castro coa intención de que este lugar da serra de Bendollo se poida visitar formando parte do intenso conxunto de recursos culturais e turísticos do municipio e do Xeoparque Montañas do Courel. Os primeiro traballos, realizados polo Campo de Traballo do ano 2020, consistiron no seu acondicionamento coa limpeza de maleza do castro.

Os participantes no campo ademais destes traballos previstos para realizar polas mañás, realizan diversas actividades máis lúdicas polas tardes, como visitas aos museos locais, diversións con xincanas pola vila ou unha cata de viños como a que realizarán esta tarde na adega EDV 2015.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, é quen subvenciona os campos de traballo, no que este ano participa media ducia de  mozos e mozas entre 18 e 30 anos de idade. En anos anteriores, os campos de traballo en Quiroga foron de ámbito internacional, agás o do pasado ano que se centrou na comunidade motivado pola pandemia sanitaria e este ano motivado pola mesma situación é de ámbito nacional.

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...