HomesociedadeCursos sobre modelos silvícolas e boas prácticas forestais no CFEA de Monforte

Cursos sobre modelos silvícolas e boas prácticas forestais no CFEA de Monforte

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza na semana que comeza, dous cursos sobre modelos silvícolas e boas prácticas forestais no CFEA de Monforte de Lemos. Ambos cursos serán en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas e terán lugar o martes 7 e xoves 9 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo desta formación é promover unha xestión forestal sostible conforme á normativa europea e mellorar o estado silvícola dos montes da nosa comunidade. Así, no programa constan contidos sobre as especies obxecto dos modelos silvícolas ou de xestión forestal, sobre os métodos e características das actuacións silvícolas, sobre os modelos silvopastorís ou pascícolas e sobre boas prácticas forestais, con casos prácticos. 

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

A Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico maria.estrella.rodriguez.rodriguez@xunta.gal. Para consultar calquera dúbida, o teléfono de contacto da coordinadora da iniciativa é o 982889102.

A Xunta publicou o pasado mes de febreiro a orde de modelos silvícolas e de xestión forestal, que recolle 38 guías técnicas de sinxela aplicación para o manexo sustentable das principais especies, recursos e servizos que subministran os bosques galegos. Trátase dun abano amplo para fomentar unha aplicación práctica das políticas de descarbonización, neutralidade climática e bioeconomía, así como os principios de xestión activa, adaptativa, participada ou próxima á natureza. Ademais, con esta medida impúlsase a valorización do monte e de todos os seus produtos forestais como as resinas, as cortizas, os piñóns, as castañas, os cogomelos ou o aproveitamento pastoril en terreos forestais desarborados, entre outros.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...