HomesociedadeCurso en Chantada de enxertos e podas do castiñeiro

Curso en Chantada de enxertos e podas do castiñeiro

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza esta actividade o martes 7 de setembro no Telecentro de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación que, constará de catro horas en horario de tarde, persegue que os produtores e futuros produtores de castaña orienten as súas plantacións aos mercados actuais, cunha visión global dos coidados e mantementos que deben levar a cabo para unha mellora na saúde e na produción do froito.

Nesa liña, os contidos da iniciativa centraranse primeiramente nas razóns para enxertar e nos tipos de árbore. Canto á poda, falarase dos seus obxectivos e das particularidades da poda de formación e da poda de produción, así como das ferramentais ideais para levala a cabo.

O curso está dirixido en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional poñéndose en contacto coa coordinadora do curso no teléfono 881997279.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...