HomesociedadeO 13 de setembro comeza en Monforte un curso de cata de...

O 13 de setembro comeza en Monforte un curso de cata de aceite de oliva virxe extra

Está programado polo departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Agacal e terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal deste concello, entre os días 13 e 17 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta iniciativa consta de 20 horas de formación e desenvolverase entre o vindeiro luns 13 de setembro e o venres 17 en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. Cómpre apuntar que está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

O curso establece como principais obxectivos aprender e coñecer as propiedades destes aceites de oliva. Nesa liña, valoraranse os atributos positivos que definen un AOVE de alta gama segundo a súa valoración organoléptica. Así, o programa contén conceptos básicos para a cata de aceites, contemplando a fase olfativa, gustativa e táctil e características sensoriais como o sabor, o aroma, a textura e a cor, ademais de sesións de cata propiamente ditas para valorar a calidade de distintas mostras de produto. Tamén inclúe o proceso de elaboración do AOVE e os factores agronómicos e industriais que inflúen na calidade dos aceites; así como o seu etiquetado, entre outras cuestións.

Na web https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas poden descargarse as solicitudes de asistencia correspondentes, que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico  formacion.agacal@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 881 997 279.

ÚLTIMAS

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...